logo web abanea.png

INICIO          FESTIVAL        EQUIPO        PROGRAMACIÓN     FORMACIÓN        CONTACTO


2 8 · 2 9 · 3 0   X U L L O   G o n d o m a r
PRAZO INSCRICIÓN PECHADO


 

 

 

FORMACIÓN PROFESIONAL con

ÁNGEL DURÁN (Catalunya)

MOVEMENTO CREATIVO E PRESENCIA ESCÉNICA

Días 28, 29 e 30 de xullo de 10:00h a 12:00h

Prezo: 40€ curso individual |  70€ dous cursos

Lugar: Pavillón Bernabé Costas. Avda. Campo da Feira 30, 36380 Gondomar.

Dirixido a bailaríns e actrices e actores físicos (con nocións de movemento)
Este obradoiro céntrase no uso de ferramentas de composición, creatividade e presencia escénica. Por medio do movemento, a expresión e a voz traballaremos con premisas e principios que nos axuden a manter unha presencia activa en todo momento.
Esta clase explora o movemento dentro do compromiso de todo o corpo. Traballamos con tarefas de coordinación, disociación e improvisación.

 

FORMACIÓN PROFESIONAL con

RAQUEL FERRADÁS (Madrid/Galicia)

ENTRENAMENTO E TÉCNICA DE DANZA CONTEMPORÁNEA

Días 28, 29 e 30 de xullo de 12:30h a 14:00h

Prezo: 40€ curso individual |  70€ dous cursos

Lugar: Pavillón Bernabé Costas. Avda. Campo da Feira 30, 36380 Gondomar.

O obradoiro vai dirixido a todo bailarín/a,  actor/actriz, persoa que queira ou lle interese moverse e que teña un mínimo de experiencia na danza contemporánea. 

Nivel intermedio. 

As miñas clases baséanse nun entrenamento físico, na repetición de exercicios, aportando técnica de chan,  musicalidade, variacións, improvisación, pautas de creación… Repetiranse diferentes materiais para dejalo entrar no corpo á vez que se irán engadindo máis elementos, complexidade, velocidades, inercias e imaxinación en relación ao espazo que nos rodea co obxectivo de rematar o intensivo sendo conscientes do control do noso corpo, da percepción do espazo e tempo, dominando diferentes cualidades e dinámicas. Pero ante todo bailar e disfrutar bailando.

OBRADOIRO DE CORPO E VÍDEO con

CLARA FERRAO e MOSQUERA DE LA VEGA (Galicia e Madrid)

Días 28, 29 e 30 de xullo de 17:00h a 20:00h

Prezo: gratuito previa inscrición. 10 prazas asignadas por orde de chegada.

Lugar: Pavillón Bernabé Costas. Avda. Campo da Feira 30, 36380 Gondomar.

Para a ocasión, Clara Ferrao e Mosquera de la Vega  crean un tándem de corpo e cámara co obxectivo de ofrecernos ferramentas  para a creación de danza audiovisual. Esta práctica xerará unha peza audiovisual grabada por diferentes localizacións de Gondomar que será estrenada no 2023.

 

Corpo e vídeo é un obradoiro práctico e de investigación para profesionais ou estudantes de danza.

Ángel Durán Abanea Festival
Raquel Ferradás (foto Juan Carlos Toledo) Abanea Festival
FERRAO MOSQUERA.jpg
  • ABANEA IG
  • ABANEA FB
0 TIRA LOGOS ABANEA 22.png