top of page
53237966156_210e4b4374_o.jpg

IS·MO

é unha forma de entender o movemento. Un espazo desde o que impulsar proxectos, conectar persoas e facer medrar a danza. 

IS·MO CULTURA

é unha asociación cultural galega que crea estruturas para o desenvolvemento da danza e o movemento. A través de festivais, programas de acompañamento artístico, espazos profesionais, accións formativas, proxectos de mediación e iniciativas de internacionalización, impulsamos proxectos que fortalecen o ecosistema da danza en Galicia e favorecen o encontro entre creación, territorio e cidadanía. 

QUE FACEMOS
Deseñamos e desenvolvemos proxectos que responden ás diferentes necesidades do sector da danza: creación, exhibición, formación, acompañamento artístico, mediación, investigación, internacionalización e encontro profesional. Traballamos para xerar oportunidades, impulsar novas iniciativas e contribuír ao desenvolvemento do tecido artístico e cultural. 

COMO O FACEMOS
Traballamos desde a colaboración entre artistas, institucións, administracións, entidades e territorios. Apostamos por procesos sostidos no tempo, polo intercambio de coñecemento e por proxectos que combinan excelencia artística, participación, innovación e impacto cultural. 

POR QUE O FACEMOS
Porque entendemos a danza como unha ferramenta para crear comunidade, activar o pensamento e transformar a relación das persoas coa cultura. Cremos que fortalecer o sector pasa por acompañar ás persoas creadoras, favorecer os espazos de encontro e facer que a danza ocupe un lugar cada vez máis presente na sociedade. 

COLABORACIÓNS
IS·MO é unha estrutura en movemento. Non funciona como unha organización pechada, senón como unha rede de colaboracións que se activa arredor de cada proxecto. Cada iniciativa reúne profesionais especializados en produción, comunicación, administración, mediación, técnica, deseño, investigación ou creación artística, configurando equipos específicos segundo as necesidades de cada contexto.

bottom of page