top of page

​​​ABANEA é un festival itinerante de danza e movemento contemporáneo que leva cada verán a creación escénica a espazos singulares de pequenas e medianas vilas de Galicia.
 


Impulsado pola Asociación ISMO Cultura, o festival naceu en 2022 coa vontade de descentralizar a exhibición da danza e achegar ao público propostas de referencia no ámbito galego, estatal e internacional.
 


ABANEA entende o territorio como un espazo de encontro entre artistas, cidadanía e paisaxe. Ao longo de varios días, activa prazas, xardíns, praias e outros lugares non convencionais, converténdoos en escenarios vivos onde o movemento dialoga co contexto e coa comunidade.
 


Ademais da programación artística, ABANEA desenvolve accións de mediación, residencias e espazos profesionais que favorecen a creación de novos públicos, o acompañamento a artistas emerxentes e a conexión de Galicia coas redes nacionais e internacionais da danza contemporánea.
 


ABANEA forma parte da rede estatal Red Acieloabierto e consolidouse como unha das iniciativas máis singulares da danza contemporánea en Galicia, combinando excelencia artística, proximidade co público e un firme compromiso co desenvolvemento do sector.

Logos_web_2026.png
  • Instagram
  • Facebook
  • Flickr
bottom of page