top of page
Logo_abanea_cor_2024.png

INICIO          FESTIVAL        EQUIPO        PROGRAMACIÓN       CONTACTO

Xullo_2026.png
Datas_web_2026.png

8   x u l l o   A M E S 

2025 Ames
01_canle(2).png

PARALELAS ABANEA:
MESA DE TRABALLO PROFESIONAL  |  GALICIA

Mesa de diálogo sectorial: Escena Galega, AAAG, APCG e PAM

HORA: 10.00 a 12:30 h

LUGAR: Pazo da Peregrina, Bertamiráns

No marco de ABANEA terá lugar unha mesa de traballo impulsada por Escena Galega que reunirá representantes de diferentes asociacións profesionais das artes escénicas de Galicia para abrir un espazo de diálogo.

A xuntanza contará coa participación de Escena Galega, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galiza (PAM) e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), promovendo un encontro de traballo orientado ao intercambio de perspectivas e á construción de marcos compartidos para o futuro do sector.

Con esta iniciativa, ABANEA reafirma a súa vontade de ser tamén un espazo de encontro, reflexión e impulso para a comunidade profesional da danza e das artes do movemento, favorecendo o diálogo e a colaboración entre os diferentes axentes que conforman o ecosistema escénico galego.

01_happening(1).png

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENIG ABANEA - CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Bertamiráns, Ames  (itinerante)

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

LUGAR: Xardíns do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
(Se chove, na Casa da Cultura de Bertamiráns)

20:00 h -  Recepción ABANEA

Servicio de barra

20:30 h - Espectáculos

Andrea Castro  |  Galicia
Acompañamento ENREDE de ABANEA 

LOLA E OS LAMENTOS

DURACIÓN: 13’
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Andrea Castro

SINOPSE:

Criada na tradición católica, Lola viviu baixo unhas crenzas que, de súpeto, deixan de sostela. Xa non sabe en que cre nin quen é sen esa fe que antes lle daba un propósito. O que antes era unha base firme convértese agora nunha fenda que a obriga a replantexarse quen é e como quere vivir.

TRAXECTORIA DA CÍA:

Andrea Castro inicia o seu proxecto de creación en danza en 2025 con Lola e os lamentos, unha peza concibida para espazos non convencionais e desenvolvida no marco do Apoio Bienal 2025–2026 do Festival de Danza e Movemento ABANEA, coa colaboración da Fundación Paideia Galiza. Bailarina e creadora galega, desde 2020 forma parte do Colectivo D’elas como cocreadora e intérprete. Con esta compañía participa na creación de É Difícil Fotografar o Baleiro (2024) e Velaiquich, Amoorch! (2025). Lola e os lamentos supón o inicio da súa traxectoria como creadora e unha primeira aproximación a un universo artístico propio.

Artístika Movemento  |  Galicia
SAIAS DO MAR 

DURACIÓN: 20’ (versión ABANEA)

COREOGRAFÍA: Juan Miguel Hernández
CODIRECCIÓN: Nerea Andrés e Juan Miguel Hernández
INTERPRETACIÓN: Nerea Andrés, Juan Miguel Hernández, Dayron Valdés, Irene Lorenzo, Laura Pereiras, Lucía Fontenla, Alba Fariña e Zoe Amor

SINOPSE:

Saias do mar é unha peza de danza contemporánea que rende homenaxe á muller galega como forza ancestral vencellada ao mar. Inspirada no Camiño Traslatio, a obra transforma o corpo nun territorio fluído onde memoria, identidade e legado se despregan como as augas atlánticas. A través do movemento, a danza constrúe unha paisaxe simbólica na que tradición e presente dialogan, evocando a capacidade de resistencia, transformación e transmisión das mulleres que habitan a costa e a súa historia.

TRAXECTORIA DA CÍA:

Artístika Movemento é unha compañía galega de danza fundada por Nerea Andrés e Juan Miguel Hernández, centrada na creación e produción de proxectos escénicos en diferentes linguaxes do movemento. O seu traballo desenvólvese tanto en teatros e auditorios como en espazos non convencionais, entendendo o corpo como ferramenta de comunicación, identidade e vínculo co público. As súas creacións parten dunha investigación física e visual que combina técnica, presenza e sensibilidade escénica, mantendo unha conexión coa raíz cultural e co contexto artístico contemporáneo. Ademais da creación escénica, a compañía impulsa iniciativas orientadas á profesionalización da danza en Galicia, promovendo espazos de formación, colaboración e crecemento artístico que contribúen á difusión da danza dentro e fóra do territorio galego.

Raquel Ferradás & María de Vicente  |  Galicia

CIrcuito Acieloabierto
DIZ-ME, MEU AMOR

DURACIÓN: 14’ 

COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Raquel Ferradás e María de Vicente

SINOPSE:

Unha homenaxe ás formas de amor entre mulleres que se escollen, se sosteñen e se celebran en liberdade. A través do movemento, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso no que o corpo se converte en linguaxe de coidado, apoio e complicidade.

TRAXECTORIA DA CÍA:

Raquel Ferradás e María de Vicente reencontráronse artisticamente tras compartir a súa formación inicial en Vigo. Dende entón desenvolven proxectos propios e colaboran con distintas compañías galegas e estatais. Diz-me, meu amor estreouse no festival 6Coreógrafas e consolida a súa afinidade artística arredor do movemento e da emoción compartida.

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  |  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é o espazo comunitario que pecha cada xornada de programación escénica de ABANEA. Concibida como un lugar de encontro, a proposta convida o público a transformar o espazo de exhibición nun espazo compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

9   x u l l o   O U T E S 

01_happening(1).png

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENIG ABANEA - CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Praia de Broña, Outes  (itinerante)

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

LUGAR: Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira de Broña
(Se chove, no Polideportivo de Cruceiro de Roo
)

20:30 h -  Recepción ABANEA

Servicio de barra

21:00 h - Espectáculos

Ay, Cariño!  |  Galicia

CIrcuito ABANEA
WTF!

DURACIÓN: 15’ 

CREACIÓN: Cris Vilariño e Diego M. Buceta

INTERPRETACIÓN: Diego M. Buceta e Eva Comesaña

SINOPSE:

WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende un planeta lonxano e estraño. Ou simplemente diferente. É unha explosión. É un carnaval. É un disparate. Unha mestura de xogo e movemento que, dende a cor e o brillo, deixa entrever unha pregunta inquietante: por que corren estas criaturas? Que ven que as fai avanzar sen pausa? Quizais non lles gusta o que atopan aquí abaixo. Ou quizais esas criaturas chegadas doutra galaxia somos nós mesmos reflectidos nun espello inesperado.

TRAXECTORIA DA CÍA:

Ay, Cariño! é unha compañía galega creada en 2023 por Cris Vilariño e Diego M. Buceta, tras unha ampla traxectoria individual no ámbito da danza e das artes do movemento. As súas primeiras creacións, Millo Vello e WTF!, estreáronse en 2024, consolidando unha liña de traballo que combina fisicalidade, humor, pensamento crítico e unha forte conexión co público. Ambos artistas desenvolveron as súas carreiras como intérpretes e creadores en compañías e proxectos de referencia da escena contemporánea estatal e internacional. Ademais da súa actividade escénica, impulsan iniciativas de mediación, programación e formación arredor da danza, defendendo o movemento como ferramenta de encontro, saúde e transformación social.

Alejandro Moya!  |  Madrid

CIrcuito Acieloabierto
DESVELO

DURACIÓN: 13’ 

COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandro Moya

SINOPSE:

Inspirada na idea xaponesa do tokonoma, Desvelo é unha peza na que o intérprete constrúe un espazo de contemplación e acción. O movemento convértese en traballo, coidado e escoita, revelando un xardín interior que se transforma ante a mirada do público.

TRAXECTORIA DO ARTISTA:

Alejandro Moya comezou a súa carreira no break dance e posteriormente formouse en danza contemporánea e osteopatía. Traballou con compañías e creadores como Peeping Tom, Sharon Fridman, Korsia ou Antonio Ruz. O seu traballo como coreógrafo investiga a relación entre o esforzo físico, o ritual e a transformación interna.

Colectivo Glovo  |  Galicia
ALENDA

DURACIÓN: 18’ 

COREOGRAFÍA: Esther Latorre
DIRECIÓN: Esther Latorre e Hugo Pereira
INTERPRETACIÓN: Esther Latorre, Estefanía Gómez, Paula Urquijo e Inés Vieites

SINOPSE:

ALENDA propón unha travesía breve e intensa arredor da forza do colectivo e da súa inevitable fractura. O que nun inicio semella unha comunidade compacta vai esgazándose pouco a pouco ata abrir unha pregunta suspendida: que queda dun grupo cando deixa de ser un? Como se a materia compartida se fragmentase en múltiples partículas, a peza non procura un peche definitivo, senón un espazo de dispersión, posibilidade e eco. Un final aberto que permite que o movemento continúe máis alá da escena, convidando o público a completar o seu propio percorrido.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Colectivo Glovo é unha compañía de danza galaico-portuguesa con sede en Galicia, codirixida por Esther Latorre e Hugo Pereira. Desde a súa creación desenvolve un intenso percorrido internacional, presentando o seu traballo en países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica, Corea do Sur, Indonesia, Francia ou Estados Unidos, entre outros, e recibindo diferentes premios e recoñecementos en festivais europeos. Ademais da súa actividade como creadores e intérpretes, ambos impulsan o programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando, contribuíndo activamente ao desenvolvemento e internacionalización da danza contemporánea en Galicia.

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  |  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é o espazo comunitario que pecha cada xornada de programación escénica de ABANEA. Concibida como un lugar de encontro, a proposta convida o público a transformar o espazo de exhibición nun espazo compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

1 0   X u l l o    A   G U A R D A

01_happening(1).png

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENIG ABANEA - CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Zona porto  (itinerante)

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

LUGAR: Auditorio de San Benito
(Se chove, na Casa do Alonso

20:00 h -  Recepción ABANEA

20:30 h - Espectáculos

OUPS Dance Company   |   Francia
Ventá Internacional  |  Circuito ABANEA

ADSURBE

DURACIÓN: 11’ 15'' 

COREOGRAFÍA: Émilie Joneau e Clémence Juglet
INTÉRPRETES: Émilie Joneau e Clémence Juglet

SINOPSE:

Adsurbe é unha exploración física e visceral do esgotamento nun mundo que esixe constantemente máis. A través de movementos precisos e pulsantes, alternados con momentos de ruptura, a peza segue un corpo levado ao límite, oscilando entre o control e o colapso, a aceleración e o cansazo. A coreografía revela o peso invisible da produtividade, o rendemento e as expectativas sociais que erosionan lentamente a identidade individual.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Fundada en Francia en 2019, OUPS Dance Company nace coa vontade de cultivar a orixinalidade e ampliar o acceso á danza contemporánea e electro. A súa linguaxe escénica combina danza contemporánea, electro, acrobacia e contorsión, incorporando o humor e o gusto polo inesperado como elementos distintivos do seu traballo. Dirixida por Émilie Joneau e Clémence Juglet, a compañía desenvolveu unha traxectoria internacional que lle valeu diversos recoñecementos en plataformas e certames europeos. Con Adsurbe obtiveron o Premio Les Synodales 2022, o Certame Coreográfico 10 Sentidos de Valencia, e foron seleccionadas en festivais e plataformas internacionais como MASDANZA 2025 e a 7th Stray Birds Dance Platform de Taiwán.

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

Lugar: Alameda de Marín
(Se chove:  Multiusos da Praza de Abastos)

20:30 h - Recepción de público e música
21:00 h - Espectáculos

01_Kiko.png

Cía Kiko López | València
Circuito Acieloabierto, 2025
HONEST

Duración: 13’
Coreógrafo: Kiko López
Intérprete: Kiko López

Sinopse:
Un obxecto cobra vida e convértese nun espello da propia identidade. HONEST é unha oda á vulnerabilidade e á aceptación, onde o xogo, o rexeitamento e a beleza do ser humano se dan cita nun solo íntimo e conmovedor.

Traxectoria da cía:

01_Maria_Devicente.png

María de Vicente | Galicia
Apoio Bienal 24|25
A MONA DE SEDA (ESTREA)

Duración: 17’
Coreógrafa: María de Vicente
Intérprete: María de Vicente

Sinopse:
Ao longo da vida recibimos moita información, unha imposición sutil sobre o que debemos ser ou pensar. A Mona busca a súa esencia, escollendo entre toda a seda que lle chega aquela coa que realmente se sente ela mesma.
A Mona de seda foi seleccionada en 2024 polo festival ABANEA para recibir a súa axuda bienal e acompañamento na creación. Ese mesmo ano recibe tamén a residencia Atopémonos Bailando, cun intercambio co Teatromosca (Portugal). É o primeiro solo de María e conta cun equipo artístico diverso: Cristián Durán "Duuma" no deseño de son, Elena Gónzalez e Iria Dopazo no vestiario, Rafa Rey na creación e dirección de máscara e Estanislao Schaefer na escenografía. A súa estrea está prevista para o festival ABANEA 2025.

Traxectoria da cía:
María é bailarina e coreógrafa de danza contemporánea orixinaria de Galicia. Cursa os seus estudos profesionais en Cataluña nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika Seed’s. Alí inicia a súa traxectoria profesional coa compañía Dimpro e o colectivo Tixuem, e actúa como bailarina e actriz en diferentes óperas do Gran Teatre do Liceu. Actualmente forma parte do elenco de Dique, da compañía Nova Galega de Danza. Forma parte tamén da compañía NAUTA coa peza Ephimeros e, xunto con Raquel Ferradás, investiga o seu primeiro dúo Dizme meu amor.

01_Qabalum.png

Cía: Qabalum | Pamplona
Circuito Acieloabierto, 2025
TODO ESTE RUIDO

Duración: 23’
Coreógrafos: Diego Pazó & Lucía Burguete
Intérpretes: Diego Pazó, Lucía Burguete & Joan Cano
 
Sinopse:
Peza de danza para dous corpos e un dron que bebe da ciencia ficción, o cómic e os mitos da creación. Un poema bailado sobre a orixe, o futuro e a materia que nos forma. Un canto á luz que nos atravesa e nos fai.

Traxectoria da cía:
Qabalum é un colectivo fundado en Pamplona en 2020 por Lucía Burguete e Diego Pazó. Levan presentado os seus traballos en festivais estatais e internacionais, e colaboran como intérpretes con recoñecidos creadores da danza contemporánea.

01_pista_baile.png

MEDIACIÓN ABANEA:
PISTA DE BAILE | GALIZA

Espazo dinamizado para a danza comunitaria
 
Duración: 20 minutos aproximadamente
Direción: Marta Alonso
Colaboración na composición musical: Señora DJ
Mediación: Varios profesionais, e equipa Abanea

Sinopse:
A Pista de Baile é o espazo comunitario que se activa ao final da xornada de programación escénica de Abanea. Dirixida por Marta Alonso e dinamizada por integrantes da equipa artística do festival, esta proposta convida ao público a participar nun momento de celebración compartida a través do movemento. Sen distinción de idade ou experiencia, a pista é un lugar aberto, participativo e festivo, onde artistas e asistentes bailan xuntas xerando un ambiente lúdico, accesible e integrador que reforza a conexión entre os corpos, o territorio e a danza como espazo de encontro.
 
1 9   X u l l o   F  O  Z

01_canle(2).png

MEDIACIÓN ABANEA:
CANLE ABANEA | GALIZA

Podcast en directo con Carlota Mosquera

Hora: 18:00 a 19:00 h
Lugar: Contorna do Paseo da Rapadoira cara o merendeiro As Ferrás
(Se chove na Centro de Interpretación da Mariña, CENIMA)

Sinopse:
A Canle Abanea é a rama do festival que conecta co público a través da palabra. Nesta edición, adopta un formato de podcast en directo conducido por Carlota Mosquera, que se realiza en espazos específicos e transitados de cada localidade, antes da programación escénica. O espazo transforma a espera nun encontro: unha conversa viva con artistas, público e persoas que se achegan polo lugar. A través de dinámicas, preguntas e xogos, xéranse contidos que logo viaxan ás redes sociais en forma de clips audiovisuais, así como a plataformas de podcast baixo o nome FESTIVAL ABANEA.
Un espazo para coñecer, compartir e achegar a danza desde outras voces.

Carlota Mosquera:
Carlota Mosquera é comunicadora, creadora escénica e actriz.
Graduada en Comunicación audiovisual (USC) e en Interpretación textual (Esadg), traballa na intersección entre a escena, a palabra e a participación cidadá.
En 2024 creou Canle Abanea para o festival e este ano suma á iniciativa do ano pasado o formato podcast con dinámicas de xogo e conversa como ferramenta de mediación.

01_happening(1).png

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENIG DANZA - CLOWN  | GALIZA
Intervencións performativas en espazo público 
con Martín Blanco

Hora: 18:00 a 19:00 h  (aprox.)

Lugar: Intervencións sorpresa de 10 a 20 min. en diferentes espazos

Dirixe: Marta Alonso
Crea e interpreta: Martín Blanco (Cía SÖA)

Sinopse:

Happening danza‑clown é unha proposta de intervención artística en espazos públicos que mestura danza, clown e interacción directa co público. A través dunha personaxe performativa de axitador‑entretedor, o artista Martín Blanco percorre puntos clave de cada localidade –praias, piscinas, rúas transitadas– para provocar encontros inesperados coa danza. Cun ton lúdico e espontáneo, estas accións buscan captar a atención das persoas que se atopan no espazo e convidalas a participar nun xogo escénico que remata cunha breve peza ou dinámica colectiva.
Un xeito creativo de visibilizar o festival, adaptado aos contextos específicos de cada sede.

Martín Blanco:
Martín Blanco é creador, intérprete e coreógrafo vinculado á Cía. SÖA, un proxecto de danza, música e teatro fundado en 2022 xunto con Marta Velázquez e Carlota Rosón. Formado na Escola Internacional de Teatro e Circo CAU en Granada e na Escola Pábulo de Santiago de Compostela, traballa na intersección entre teatro físico, danza contemporánea, circo e clown. Participa en proxectos de creación colaborativa como Coa cabeza nas nubes e destaca polo seu enfoque escénico baseado no xogo, a presenza e a proximidade co público.

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

Lugar: Contorna do Paseo da Rapadoira (cara ao Pradón de Ramos)
(Se chove: Centro de Interpretación da Maríña, CENIMA
)

20:00 h - Recepción de público música
20:30 h - Espectáculos

01_Globo.png

Colectivo Glovo | Galicia–Portugal
Circuito Abanea
ALLEO

Duración: 15’
Coreógrafas/os: Esther Latorre e Hugo Pereira
Intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira

Sinopse:
Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o alleo de campo e mar. Desde a torre, a luz quente fíltrase entre as fisuras, rachando as pedras. A ardente soidade destrúe o privilexio da mirada e deixa o corpo espido ante a inmensidade.

Traxectoria da cía:
Colectivo Glovo nace en 2016 baixo a dirección de Esther Latorre e Hugo Pereira. Desenvolven creacións para teatros, rúa e espazos non convencionais, cunha aposta por linguaxes híbridas e sen límites formais. Participaron en circuítos e festivais de Europa, Asia e América Latina, e recibiron premios como o Certame de Burgos & NY e CorpoMobile Roma. Codirixiron o festival Cartografía en Movemento e lideran o programa Atopémonos Bailando en Lugo. Desde 2018 colaboran co deseño escénico da firma Adolfo Domínguez.

01_Maria_Devicente.png

María de Vicente | Galicia
Apoio Bienal 24|25

A MONA DE SEDA (ESTREA)

Duración: 17’
Coreógrafa: María de Vicente
Intérprete: María de Vicente

Sinopse:
Ao longo da vida recibimos moita información, unha imposición sutil sobre o que debemos ser ou pensar. A Mona busca a súa esencia, escollendo entre toda a seda que lle chega aquela coa que realmente se sente ela mesma.
A Mona de seda foi seleccionada en 2024 polo festival ABANEA para recibir a súa axuda bienal e acompañamento na creación. Ese mesmo ano recibe tamén a residencia Atopémonos Bailando, cun intercambio co Teatromosca (Portugal). É o primeiro solo de María e conta cun equipo artístico diverso: Cristián Durán "Duuma" no deseño de son, Elena Gónzalez e Iria Dopazo no vestiario, Rafa Rey na creación e dirección de máscara e Estanislao Schaefer na escenografía. A súa estrea está prevista para o festival ABANEA 2025.

Traxectoria da cía:
María é bailarina e coreógrafa de danza contemporánea orixinaria de Galicia. Cursa os seus estudos profesionais en Cataluña nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika Seed’s. Alí inicia a súa traxectoria profesional coa compañía Dimpro e o colectivo Tixuem, e actúa como bailarina e actriz en diferentes óperas do Gran Teatre do Liceu. Actualmente forma parte do elenco de Dique, da compañía Nova Galega de Danza. Forma parte tamén da compañía NAUTA coa peza Ephimeros e, xunto con Raquel Ferradás, investiga o seu primeiro dúo Dizme meu amor.

01_Jacob.png

Cía Jacob Gómez | Barcelona
Circuito Acieloabierto, 2025
QUEMA

Duración: 12’
Coreógrafo: Jacob Gómez Ruiz
Intérpretes: Julia Sanz, Joel Mesa
 
Sinopse:
QUEMA é unha viaxe introspectiva de dúas almas que revisitan as súas vidas no purgatorio. A peza aborda a memoria, a caída e a vulnerabilidade, e cuestiona se somos dúas entidades ou partes dunha mesma alma en busca de conexión.

Traxectoria da cía:
A Cía Jacob Gómez nace en 2019 con Meohadim, que xirou por máis de 40 cidades. Desde entón, acumula premios e recoñecementos e crea obras para festivais, compañías e institucións. Quema foi finalista no certame internacional de Hannover.

01_pista_baile.png

MEDIACIÓN ABANEA:
PISTA DE BAILE | GALIZA

Espazo dinamizado para a danza comunitaria
 
Duración: 20 minutos aproximadamente
Direción: Marta Alonso
Colaboración na composición musical: Señora DJ
Mediación: Varios profesionais, e equipa Abanea

Sinopse:
A Pista de Baile é o espazo comunitario que se activa ao final da xornada de programación escénica de Abanea. Dirixida por Marta Alonso e dinamizada por integrantes da equipa artística do festival, esta proposta convida ao público a participar nun momento de celebración compartida a través do movemento. Sen distinción de idade ou experiencia, a pista é un lugar aberto, participativo e festivo, onde artistas e asistentes bailan xuntas xerando un ambiente lúdico, accesible e integrador que reforza a conexión entre os corpos, o territorio e a danza como espazo de encontro.
 
2 0   X u l l o   C E L A N O V A

01_obradoiros.png

MEDIACIÓN ABANEA:
OBRADOIRO DE DANZA ABERTO Á COMUNIDADE | GALIZA

Hora: 18:00 a 19:00 h

Lugar: Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
Inscrición previa: 

Prazas limitadas

Dirixe: Paula Quintas
Imparten: Varios profesionais convidados

Sinopse:
Os obradoiros de danza abertos á comunidade son unha proposta participativa de Abanea que convida a persoas de todas as idades a compartir o movemento nun contexto colectivo, lúdico e accesible. Sen necesidade de experiencia previa, estas sesións en espazo público buscan crear un encontro entre veciñanza, artistas e contorna, poñendo o foco na expresión corporal, na relación co territorio e no gozo compartido. Cada taller está guiado por profesionais convidados/as que adaptan a proposta ás características do grupo e do lugar, fomentando a creación dun espazo común para bailar, explorar e participar.

01_happening(1).png

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENIG DANZA - CLOWN  | GALIZA
Intervencións performativas en espazo público 
con Martín Blanco

Hora: 18:00 a 19:00 h  (aprox.)

Lugar: Intervencións sorpresa de 10 a 20 min. en diferentes espazos

Dirixe: Marta Alonso
Crea e interpreta: Martín Blanco (Cía SÖA)

Sinopse:

Happening danza‑clown é unha proposta de intervención artística en espazos públicos que mestura danza, clown e interacción directa co público. A través dunha personaxe performativa de axitador‑entretedor, o artista Martín Blanco percorre puntos clave de cada localidade –praias, piscinas, rúas transitadas– para provocar encontros inesperados coa danza. Cun ton lúdico e espontáneo, estas accións buscan captar a atención das persoas que se atopan no espazo e convidalas a participar nun xogo escénico que remata cunha breve peza ou dinámica colectiva.
Un xeito creativo de visibilizar o festival, adaptado aos contextos específicos de cada sede.

Martín Blanco:
Martín Blanco é creador, intérprete e coreógrafo vinculado á Cía. SÖA, un proxecto de danza, música e teatro fundado en 2022 xunto con Marta Velázquez e Carlota Rosón. Formado na Escola Internacional de Teatro e Circo CAU en Granada e na Escola Pábulo de Santiago de Compostela, traballa na intersección entre teatro físico, danza contemporánea, circo e clown. Participa en proxectos de creación colaborativa como Coa cabeza nas nubes e destaca polo seu enfoque escénico baseado no xogo, a presenza e a proximidade co público.

01_canle(2).png

MEDIACIÓN ABANEA:
CANLE ABANEA | GALIZA

Podcast en directo con Carlota Mosquera

Hora: 17:15 a 20:00 h
Lugar: Praza Maior
(Se chove: Reflectorio)

Sinopse:
A Canle Abanea é a rama do festival que conecta co público a través da palabra. Nesta edición, adopta un formato de podcast en directo conducido por Carlota Mosquera, que se realiza en espazos específicos e transitados de cada localidade, antes da programación escénica. O espazo transforma a espera nun encontro: unha conversa viva con artistas, público e persoas que se achegan polo lugar. A través de dinámicas, preguntas e xogos, xéranse contidos que logo viaxan ás redes sociais en forma de clips audiovisuais, así como a plataformas de podcast baixo o nome FESTIVAL ABANEA.
Un espazo para coñecer, compartir e achegar a danza desde outras voces.

Carlota Mosquera:
Carlota Mosquera é comunicadora, creadora escénica e actriz.
Graduada en Comunicación audiovisual (USC) e en Interpretación textual (Esadg), traballa na intersección entre a escena, a palabra e a participación cidadá.
En 2024 creou Canle Abanea para o festival e este ano suma á iniciativa do ano pasado o formato podcast con dinámicas de xogo e conversa como ferramenta de mediación.

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:

Lugar: Praza Maior de Celanova
(Se chove, Reflectorio)

20:00 h - Recepción de público e música
20:30 h - Espectáculos

01_Globo.png

Colectivo Glovo | Galicia–Portugal
Circuito Abanea
ALLEO

Duración: 15’
Coreógrafas/os: Esther Latorre e Hugo Pereira
Intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira

Sinopse:
Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o alleo de campo e mar. Desde a torre, a luz quente fíltrase entre as fisuras, rachando as pedras. A ardente soidade destrúe o privilexio da mirada e deixa o corpo espido ante a inmensidade.

Traxectoria da cía:
Colectivo Glovo nace en 2016 baixo a dirección de Esther Latorre e Hugo Pereira. Desenvolven creacións para teatros, rúa e espazos non convencionais, cunha aposta por linguaxes híbridas e sen límites formais. Participaron en circuítos e festivais de Europa, Asia e América Latina, e recibiron premios como o Certame de Burgos & NY e CorpoMobile Roma. Codirixiron o festival Cartografía en Movemento e lideran o programa Atopémonos Bailando en Lugo. Desde 2018 colaboran co deseño escénico da firma Adolfo Domínguez.

01_Maria_Devicente.png

María de Vicente | Galicia
Apoio Bienal 24|25

A MONA DE SEDA (ESTREA)

Duración: 17’
Coreógrafa: María de Vicente
Intérprete: María de Vicente

Sinopse:
Ao longo da vida recibimos moita información, unha imposición sutil sobre o que debemos ser ou pensar. A Mona busca a súa esencia, escollendo entre toda a seda que lle chega aquela coa que realmente se sente ela mesma.
A Mona de seda foi seleccionada en 2024 polo festival ABANEA para recibir a súa axuda bienal e acompañamento na creación. Ese mesmo ano recibe tamén a residencia Atopémonos Bailando, cun intercambio co Teatromosca (Portugal). É o primeiro solo de María e conta cun equipo artístico diverso: Cristián Durán "Duuma" no deseño de son, Elena Gónzalez e Iria Dopazo no vestiario, Rafa Rey na creación e dirección de máscara e Estanislao Schaefer na escenografía. A súa estrea está prevista para o festival ABANEA 2025.

Traxectoria da cía:
María é bailarina e coreógrafa de danza contemporánea orixinaria de Galicia. Cursa os seus estudos profesionais en Cataluña nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika Seed’s. Alí inicia a súa traxectoria profesional coa compañía Dimpro e o colectivo Tixuem, e actúa como bailarina e actriz en diferentes óperas do Gran Teatre do Liceu. Actualmente forma parte do elenco de Dique, da compañía Nova Galega de Danza. Forma parte tamén da compañía NAUTA coa peza Ephimeros e, xunto con Raquel Ferradás, investiga o seu primeiro dúo Dizme meu amor.

01_FranSieira(1).png

Cía Fran Sieira, compañía de danza | Galicia
Circuito Acieloabierto, 2025
UN BAILE CEIBE

Duración: 25’
Coreógrafo: Francisco Sieira González
Intérpretes: Patricia Sánchez Seoane, María Montero Precedo, André Adrio Rodríguez, Francisco Sieira González

Sinopse:
Versión para rúa do espectáculo Ceibe, esta peza explora o xénero dende o baile tradicional galego. Unha proposta colectiva que cuestiona a normatividade e propón novas formas de habitar o corpo dende a disidencia e a diversidade.

Traxectoria da cía:
A compañía profesional de Fran Sieira inicia a súa traxectoria en 2018 e leva creadas seis pezas coreográficas. Cunha base no baile tradicional galego, aposta por propostas contemporáneas e comprometidas con temáticas sociais.

01_pista_baile.png

MEDIACIÓN ABANEA:
PISTA DE BAILE | GALIZA

Espazo dinamizado para a danza comunitaria
 
Duración: 20 minutos aproximadamente
Direción: Marta Alonso
Colaboración na composición musical: Señora DJ
Mediación: Varios profesionais, e equipa Abanea

Sinopse:
A Pista de Baile é o espazo comunitario que se activa ao final da xornada de programación escénica de Abanea. Dirixida por Marta Alonso e dinamizada por integrantes da equipa artística do festival, esta proposta convida ao público a participar nun momento de celebración compartida a través do movemento. Sen distinción de idade ou experiencia, a pista é un lugar aberto, participativo e festivo, onde artistas e asistentes bailan xuntas xerando un ambiente lúdico, accesible e integrador que reforza a conexión entre os corpos, o territorio e a danza como espazo de encontro.
 
OUTRAS ACTIVIDADES : A C O M P A Ñ A M E N T O  B I E N A L  2 0 2 5  / 2 0 2 6

 Acompañamento Bienal a artistas galegas 2 0 2 5 / 2 0 2 6
 
O Acompañamento Bienal Abanea é unha liña de apoio á creación emerxente que promove o seguimento continuado de artistas galegas no ámbito da danza e o movemento ao longo de dúas edicións consecutivas do festival.

Cada ano, o festival selecciona unha creadora para iniciar este proceso, que inclúe:

- Inmersión no contexto do festival durante o primeiro ano.

- Residencias de creación, seguimento profesional e visibilidade nos medios.

- Estrea dunha nova peza para espazo non convencional na edición seguinte.

- Participación en actividades de formación e intercambio profesional.
 
Desde a súa posta en marcha en 2022, este programa converteuse nun dos piares do festival, desenvolvendo un modelo de apoio estable, coidado e sostido no tempo.
 
As artistas seleccionadas ata o momento foron:
- Colectivo La Incendiaria (Sara Fondevila) / 2022-2023
- Suevia Rojo / 2023-2024
- María de Vicente / 2024-2025
- Andrea Castro / 2025-2026

Na edición 2025, ademais das actividades habituais, María de Vicente (2º ano) e Andrea Castro (1º ano) participan como artistas convidadas no festival Trayectos de Zaragoza, dentro do programa Itinerarios Formativos impulsado pola rede Acieloabierto. A súa participación inclúe formación especializada e a vivencia directa do contexto profesional e programático dun festival estatal de referencia.

01_Maria_Devicente.png

M A R Í A  D E  V I C E N T E  
A c o m p a ñ a m e n t o  b i e n a l  2 0 2 4 / 2 0 2 5 

María é bailarina e coreógrafa de danza contemporánea orixinaria de Galicia. Cursa os seus estudos profesionais en Cataluña nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika Seed’s. Alí inicia a súa traxectoria profesional coa compañía Dimpro e o colectivo Tixuem, e actúa como bailarina e actriz en diferentes óperas do Gran Teatre do Liceu. Actualmente forma parte do elenco de Dique, da compañía Nova Galega de Danza. Forma parte tamén da compañía NAUTA coa peza Ephimeros e, xunto con Raquel Ferradás, investiga o seu primeiro dúo Dizme meu amor.

01_Andrea.png

MARÍA DE VICENTE (Vigo, 1993)

Abanea ofrece o apoio bienal a unha artista emerxente galega consistente en:
1) Inmersión no contexto do festival durante o primeiro ano.
2) Apoio á creación e estrea dunha peza de danza para espazo non convencional
3) Participación en contextos de acompañamiento á peza e á artista dentro da rede de A de apoio do festival.

María de Vicente é bailarina e creadora, afincada en Barcelona desde o 2013, onde realiza estudos superiores de danza. Actualmente forma parte do elenco de Dique, a nova produción da compañía Nova Galega de Danza, dirixida por Marta Pazos e coproducida polo Centro Coreográfico Galego. 

OUTRAS ACTIVIDADES : E n c o n t r o s  d e  c r e a c i ó n 

01_Post_BienalAbanea.png

"REDE DE A"

Dentro das liñas de acción do festival, Abanea xera a “rede de A” que tece contextos de encontro, investigación e acompañamento ás artistas seleccionadas no apoio bienal.

Residencias Artísticas 2024:
- Suevia Rojo. Do 8 ao 19 de xullo. Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames.
- Encontro “en rede de A”. María de Vicente, La Incendiaria e Suevia Rojo. Días 15 e 16 de xullo. Centro Cultural Mahía, Bugallido, Ames

OUTRAS ACTIVIDADES: F O R M A C I Ó N

01_happening(1).png
01_happening(1).png

OUTRAS ACTIVIDADES: P R O F E S I O N A I S  D A  D A N Z A

Mesa privada / Profesionais da danza
 
O día 16 de Xullo no Pazo da Peregrina, Ames
Facilítase un espazo para o encontro para profesionais do sector.
 
Logos finales 2025.png
  • Instagram
  • Facebook
  • Flickr
bottom of page