Colectivo Verticalia (Cia. Duelirium + Determinada Compañía)
Catro mulleres crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o misterioso silenzo que anima ó corazón da existencia. Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear. A simple imaxe dunha corda de danza vertical que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que nos sostén entre a vida e a morte. ALMA pregúntase que é o que pode ser danzado hoxe na escena, como interrumpir as danzas que emerxen do virtuosismo especializado e da produción selfie e espectacular.
A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan Hippie.
A L M A di que sen os demáis, sen o outro, calquera deixaría de existir.
A L M A non se cre espiritual, senon que se sinte así porque inspira e expira, inspira e expira.
A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, por tanto, non pode ser estudiada pola ciencia. Teno claro.
A L M A sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento se mete dentro, baila sen control, deixa sair a loucura, exponse sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así se perderá para sempre o lume que habitan as cousas.
A L M A é un proxecto de Danza e Voo vertical que comenza a súa investigación adentrándose na poética que se pode xenerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro.

Foto Rubén Vilanova

Foto Rubén Vilanova
Dirección e dramaturxia:
Rolando San Martín
Interpretación e creación:
Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercé Solé.
Produción:
Belém Brandido/Pistacatro Productora de Soños S.L.
Iluminación:
Fidel Vázquez
Vestiario:
Fany Bello
Músicas:
Nefasto (Judas Diz)
Axudante de dirección:
Maria José Santiago Garde
Voz en Off:
Fernanda Orazzi
Fotografia:
Rubén Vilanova
Vídeo:
Tamboura Films
Colaboran:
Agadic · Xunta de Galicia, L´Estruch Fàbrica de Creació (Sabadell-Cataluña), Concello de Negreira, Circonove