top of page

X    U    L    L    O      2    0    2    6

2026 Ames
A_web_2026.png

8   x u l l o   A M E S 

01_Post_Paralelas_.jpg

PARALELAS ABANEA:
MESA DE TRABALLO PROFESIONAL  |  GALICIA

Mesa de diálogo sectorial: Escena Galega, AAAG, APCG e PAM

HORA: 10.00 - 12:30 h

LUGAR: Pazo da Peregrina, Bertamiráns

No marco de ABANEA terá lugar unha mesa de traballo impulsada por Escena Galega que reunirá representantes de diferentes asociacións profesionais das artes escénicas de Galicia para abrir un espazo de diálogo.

A xuntanza contará coa participación de Escena Galega, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galiza (PAM) e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), promovendo un encontro de traballo orientado ao intercambio de perspectivas e á construción de marcos compartidos para o futuro do sector.

Con esta iniciativa, ABANEA reafirma a súa vontade de ser tamén un espazo de encontro, reflexión e impulso para a comunidade profesional da danza e das artes do movemento, favorecendo o diálogo e a colaboración entre os diferentes axentes que conforman o ecosistema escénico galego.

01_Post_CanleAbanea_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENING ABANEA CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Bertamiráns, Ames  (itinerante)

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha serie de pílulas audiovisuais creadas en tempo real que conectan o público presencial e o virtual a través dunha mirada próxima, espontánea e chea de humor. Durante os días do festival, Happening ABANEA recolle os encontros, os detalles e os momentos inesperados da programación para compartilos diariamente a través das redes sociais de @abaneafestival.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

PROGRAMACIÓN DE DANZA:

LUGAR: Xardíns do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
(Se chove, na Casa da Cultura de Bertamiráns)

20:00 h - RECEPCIÓN ABANEA

        SERVICIO DE BARRA


20:30 h - ESPECTÁCULOS

Andrea Castro  Galicia
Acompañamento Enrede ABANEA 

LOLA E OS LAMENTOS

DURACIÓN: 13’
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Andrea Castro

SINOPSE:

Criada na tradición católica, Lola viviu baixo unhas crenzas que, de súpeto, deixan de sostela. Xa non sabe en que cre nin quen é sen esa fe que antes lle daba un propósito. O que antes era unha base firme convértese agora nunha fenda que a obriga a replantexarse quen é e como quere vivir.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Andrea Castro inicia o seu proxecto de creación en danza en 2025 con Lola e os lamentos, unha peza concibida para espazos non convencionais e desenvolvida no marco do Apoio Bienal 2025–2026 do Festival de Danza e Movemento ABANEA, coa colaboración da Fundación Paideia Galiza. Bailarina e creadora galega, desde 2020 forma parte do Colectivo D’elas como cocreadora e intérprete. Con esta compañía participa na creación de É Difícil Fotografar o Baleiro (2024) e Velaiquich, Amoorch! (2025). Lola e os lamentos supón o inicio da súa traxectoria como creadora e unha primeira aproximación a un universo artístico propio.

Artístika Movemento Galicia
SAIAS DO MAR 


DURACIÓN: 20’ (versión ABANEA)

COREOGRAFÍA: Juan Miguel Hernández
CODIRECIÓN: Nerea Andrés e Juan Miguel Hernández
INTERPRETACIÓN: Nerea Andrés, Juan Miguel Hernández, Dayron Valdés, Irene Lorenzo, Laura Pereiras, Lucía Fontenla, Alba Fariña e Zoe Amor

SINOPSE:

Saias do mar é unha peza de danza contemporánea que rende homenaxe á muller galega como forza ancestral vencellada ao mar. Inspirada no Camiño Traslatio, a obra transforma o corpo nun territorio fluído onde memoria, identidade e legado se despregan como as augas atlánticas. A través do movemento, a danza constrúe unha paisaxe simbólica na que tradición e presente dialogan, evocando a capacidade de resistencia, transformación e transmisión das mulleres que habitan a costa e a súa historia.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Artístika Movemento é unha compañía galega de danza fundada por Nerea Andrés e Juan Miguel Hernández, centrada na creación e produción de proxectos escénicos en diferentes linguaxes do movemento. O seu traballo desenvólvese tanto en teatros e auditorios como en espazos non convencionais, entendendo o corpo como ferramenta de comunicación, identidade e vínculo co público. As súas creacións parten dunha investigación física e visual que combina técnica, presenza e sensibilidade escénica, mantendo unha conexión coa raíz cultural e co contexto artístico contemporáneo. Ademais da creación escénica, a compañía impulsa iniciativas orientadas á profesionalización da danza en Galicia, promovendo espazos de formación, colaboración e crecemento artístico que contribúen á difusión da danza dentro e fóra do territorio galego.

Raquel Ferradás & María de Vicente Galicia

Circuito Acieloabierto
DIZ-ME, MEU AMOR


DURACIÓN: 14’ 

COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Raquel Ferradás e María de Vicente

SINOPSE:

Unha homenaxe ás formas de amor entre mulleres que se escollen, se sosteñen e se celebran en liberdade. A través do movemento, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso no que o corpo se converte en linguaxe de coidado, apoio e complicidade.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Raquel Ferradás e María de Vicente reencontráronse artisticamente tras compartir a súa formación inicial en Vigo. Dende entón desenvolven proxectos propios e colaboran con distintas compañías galegas e estatais. Diz-me, meu amor estreouse no festival 6Coreógrafas e consolida a súa afinidade artística arredor do movemento e da emoción compartida.

01_Post_PistaBaile_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é un dos espazos de identidade de ABANEA e pecha cada xornada de programación escénica do festival. Concibida como un lugar de encontro, convida o público a transformar o espazo escénico nun territorio compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

2026 OUTES
A_web_2026.png

9   x u l l o   O U T E S 

01_Post_CanleAbanea_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENING ABANEA CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Praia de Broña  (itinerante)

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha serie de pílulas audiovisuais creadas en tempo real que conectan o público presencial e o virtual a través dunha mirada próxima, espontánea e chea de humor. Durante os días do festival, Happening ABANEA recolle os encontros, os detalles e os momentos inesperados da programación para compartilos diariamente a través das redes sociais de @abaneafestival.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

PROGRAMACIÓN DE DANZA:

LUGAR: Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira de Broña
(Se chove, no Polideportivo de Cruceiro de Roo)

20:30 h -  RECEPCIÓN ABANEA

         SERVICIO DE BARRA


21:00 h - ESPECTÁCULOS

Ay, Cariño!  Galicia

Circuito ABANEA
WTF!


DURACIÓN: 14’ 

COREOGRAFÍA E DIRECIÓN: Cris Vilariño e Diego M. Buceta

INTERPRETACIÓN: Diego M. Buceta e Eva Comesaña

SINOPSE:

WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende un planeta lonxano e estraño. Ou simplemente diferente.

É unha expresión de shock convertida nun absurdo de ritmo frenético. Unha mestura de xogo e movemento que dende a cor e o brillo cristaliza unha idea sinistra tras a néboa da festa: por que corren estas dúas criaturas? Que ven que lles fai fuxir sen pausa cara diante? Que lles aterra tanto?
Quizais non lles gusta o que ven aquí abaixo. Ou quizais esas criaturas chegadas doutra galaxia somos todes nós reflectides nun espello inesperado. Correndo ata quedar sen alento para chegar a non sabemos onde.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Ay, Cariño! é o proxecto artístico que dende 2023 abriga o traballo creativo conxunto das creadoras Cris Vilariño e Diego M. Buceta, tras unha ampla traxectoria individual. As primeiras creacións das compañía son Millo Vello (espectáculo de sala coproducido polo Centro Coreográfico Galego ) e WTF! (espectáculo de rúa e espazos non convencionais).
Cris Vilariño compaxina a súa labor artística coa súa carreira pedagóxica, impartindo formacións de body weather e laboratorios de movemento e conciencia corporal. Puxo en marcha diferentes proxectos de programación e mediación cultural como o festival Cartografía en Movemento e o ciclo Lugo en Danza.
Diego M. Buceta foi intérprete para compañías e creadoras como Aitana Cordero, Lucía Marote, Roberta Ferrara, La Coja Dansa ou Voadora, e no eido da creación fixo parte da compañía Pálido Domingo coa estrea de 3 espectáculos (Non hai que ser unha casa para ter pantasmas foi recoñecida co Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018).

Alejandro Moya!  Madrid

Circuito Acieloabierto
DESVELO


DURACIÓN: 13’ 

COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandro Moya

SINOPSE:

Inspirada na idea xaponesa do tokonoma, Desvelo é unha peza na que o intérprete constrúe un espazo de contemplación e acción. O movemento convértese en traballo, coidado e escoita, revelando un xardín interior que se transforma ante a mirada do público.

TRAXECTORIA DO ARTISTA:

Alejandro Moya comezou a súa carreira no break dance e posteriormente formouse en danza contemporánea e osteopatía. Traballou con compañías e creadores como Peeping Tom, Sharon Fridman, Korsia ou Antonio Ruz. O seu traballo como coreógrafo investiga a relación entre o esforzo físico, o ritual e a transformación interna.

Colectivo Glovo  |  Galicia - Portugal
ALENDA


DURACIÓN: 18’ 

COREOGRAFÍA: Esther Latorre
DIRECIÓN: Esther Latorre e Hugo Pereira
INTERPRETACIÓN: Esther Latorre, Estefanía Gómez, Paula Urquijo e Inés Vieites

SINOPSE:

ALENDA propón unha travesía breve e intensa arredor da forza do colectivo e da súa inevitable fractura. O que nun inicio semella unha comunidade compacta vai esgazándose pouco a pouco ata abrir unha pregunta suspendida: que queda dun grupo cando deixa de ser un? Como se a materia compartida se fragmentase en múltiples partículas, a peza non procura un peche definitivo, senón un espazo de dispersión, posibilidade e eco. Un final aberto que permite que o movemento continúe máis alá da escena, convidando o público a completar o seu propio percorrido.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Colectivo Glovo é unha compañía de danza galaico-portuguesa con sede en Galicia, codirixida por Esther Latorre e Hugo Pereira. Desde a súa creación desenvolve un intenso percorrido internacional, presentando o seu traballo en países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica, Corea do Sur, Indonesia, Francia ou Estados Unidos, entre outros, e recibindo diferentes premios e recoñecementos en festivais europeos. Ademais da súa actividade como creadores e intérpretes, ambos impulsan o programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando, contribuíndo activamente ao desenvolvemento e internacionalización da danza contemporánea en Galicia.

01_Post_PistaBaile_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é un dos espazos de identidade de ABANEA e pecha cada xornada de programación escénica do festival. Concibida como un lugar de encontro, convida o público a transformar o espazo escénico nun territorio compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

2026 A GUARD
A_web_2026.png

1 0   X u l l o    A   G U A R D A

01_Post_CanleAbanea_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENING ABANEA CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Zona porto  (itinerante)

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha serie de pílulas audiovisuais creadas en tempo real que conectan o público presencial e o virtual a través dunha mirada próxima, espontánea e chea de humor. Durante os días do festival, Happening ABANEA recolle os encontros, os detalles e os momentos inesperados da programación para compartilos diariamente a través das redes sociais de @abaneafestival.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

PROGRAMACIÓN DE DANZA:

LUGAR: Auditorio de San Benito
(Se chove, na Casa do Alonso

20:00 h -  RECEPCIÓN ABANEA


20:30 h - ESPECTÁCULOS

OUPS Dance Company   |   Francia
Ventá Internacional  Circuito ABANEA

ADSURBE


DURACIÓN: 11’ 15'' 

COREOGRAFÍA: Émilie Joneau e Clémence Juglet
INTÉRPRETES: Émilie Joneau e Clémence Juglet

SINOPSE:

Adsurbe é unha exploración física e visceral do esgotamento nun mundo que esixe constantemente máis. A través de movementos precisos e pulsantes, alternados con momentos de ruptura, a peza segue un corpo levado ao límite, oscilando entre o control e o colapso, a aceleración e o cansazo. A coreografía revela o peso invisible da produtividade, o rendemento e as expectativas sociais que erosionan lentamente a identidade individual.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Fundada en Francia en 2019, OUPS Dance Company nace coa vontade de cultivar a orixinalidade e ampliar o acceso á danza contemporánea e electro. A súa linguaxe escénica combina danza contemporánea, electro, acrobacia e contorsión, incorporando o humor e o gusto polo inesperado como elementos distintivos do seu traballo. Dirixida por Émilie Joneau e Clémence Juglet, a compañía desenvolveu unha traxectoria internacional que lle valeu diversos recoñecementos en plataformas e certames europeos. Con Adsurbe obtiveron o Premio Les Synodales 2022, o Certame Coreográfico 10 Sentidos de Valencia, e foron seleccionadas en festivais e plataformas internacionais como MASDANZA 2025 e a 7th Stray Birds Dance Platform de Taiwán.

Martín Blanco  |   Galicia
Acompañamento Enrede ABANEA

MAIS


DURACIÓN: 11’ 

COREOGRAFÍA E DIRECIÓN: Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo
INTÉRPRETE: Martín Blanco

SINOPSE:

Mais é unha peza de danza, acrobacia e clown para un único intérprete. A obra explora dúas realidades paralelas: a do presente e a de soñar espertos, ese espazo imaxinario ao que acudimos cando ansiamos aquilo que non temos. Entre desexos, expectativas e proxeccións, o protagonista transita entre a realidade e a fantasía na procura dunha versión diferente de si mesmo.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

SÖA é un proxecto escénico galego creado por Martín Blanco, Marta Velázquez e Carlota Rosón Rojo, que combina música, danza e teatro nunha linguaxe propia. O colectivo participou en festivais e residencias artísticas en Galicia, Cataluña, Madrid e Portugal, desenvolvendo o seu traballo en espazos como a Casa del Teatre Nu, a sede da Compañía Nacional de Danza ou o programa de residencias Atopémonos Bailando. Co espectáculo Coa cabeza nas nubes formaron parte do programa Da Man e das Residencias LAC do Centro Dramático Nacional. En 2026 recibiron o Premio ao Mellor Espectáculo no festival Imaginarius (Portugal).

Tjaša Bucik & Patricija Crnkovič  Eslovenia

Ventá Internacional  Circuito ABANEA

ABOUT US


DURACIÓN: 10' 40'' 

COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Tjaša Bucik e Patricija Crnkovič

SINOPSE:

About Us cuestiona os arquetipos femininos a través dunha exploración das múltiples facianas da feminidade. A peza transita por distintas etapas da vida, representando un espazo intermedio de identidade construído a partir de fantasías, lembranzas, arrepentimentos e presións sociais. A través do contacto físico, a respiración e a intimidade compartida, as intérpretes tecen un relato que oscila entre a soidade e a necesidade de comunidade, poñendo en valor a experiencia humana como espazo de encontro.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Tjaša Bucik e Patricija Crnkovič colaboran artisticamente desde 2022. Formadas respectivamente na MP3 Dance Project Academy de Roma e en Codarts Rotterdam, desenvolven un traballo centrado na creación contemporánea e na investigación coreográfica. Entre as súas primeiras obras destacan a experiencia de realidade virtual TEBI, Nearby e a miniatura VERT, presentada en diversos festivais e certames internacionais. En 2024 crean About Us, unha proposta interxeracional cuxa versión breve obtivo o Primeiro Premio na Belgrade Choreographic Competition 2025. A súa traxectoria combina creación, interpretación e docencia, desenvolvendo proxectos presentados en distintos países europeos e consolidándose como dúas das voces emerxentes máis interesantes da escena eslovena contemporánea.

01_Post_PistaBaile_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é un dos espazos de identidade de ABANEA e pecha cada xornada de programación escénica do festival. Concibida como un lugar de encontro, convida o público a transformar o espazo escénico nun territorio compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

2026 FOZ
A_web_2026.png

1 1   X u l l o   F  O  Z

01_Post_CanleAbanea_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENING ABANEA CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Paseo da Rapadoira  (itinerante)

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha serie de pílulas audiovisuais creadas en tempo real que conectan o público presencial e o virtual a través dunha mirada próxima, espontánea e chea de humor. Durante os días do festival, Happening ABANEA recolle os encontros, os detalles e os momentos inesperados da programación para compartilos diariamente a través das redes sociais de @abaneafestival.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

PROGRAMACIÓN DE DANZA:

LUGAR: Pradón de Ramos, Paseo da Rapadoira

Se fai vento: ​​Parque Rosalía de Castro

Se chove: Sala Bahía

20:00 h -  RECEPCIÓN ABANEA


20:30 h - ESPECTÁCULOS

Colectivo Glovo  Galicia – Portugal
Circuito Acieloabierto

TRÏADE


DURACIÓN: 14’ 

COREOGRAFÍA: Esther Latorre
INTÉRPRETES: Esther Latorre, Estefanía Gómez e Paula Serrano

SINOPSE:

Érase unha vez unha sociedade que deu por mortos aos deuses e permitiu que algunhas mulleres se apropiasen de antigos símbolos. O resultado foi un código propio, baseado na risa, na complicidade e nunha linguaxe compartida.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Colectivo Glovo é unha compañía galego-portuguesa fundada en 2016 por Esther Latorre e Hugo Pereira. Desenvolven creacións para teatros, rúa e espazos non convencionais, cunha aposta por linguaxes híbridas e unha forte dimensión visual. As súas pezas presentáronse en festivais e circuítos de Europa, Asia e América Latina, e recibiron recoñecementos como o Certame de Burgos & New York ou CorpoMobile Roma. Ademais, dirixen en Lugo o programa de residencias artísticas Atopémonos Bailando.

Martín Blanco  |   Galicia
Acompañamento Enrede ABANEA

MAIS


DURACIÓN: 11’ 

COREOGRAFÍA E DIRECIÓN: Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo
INTÉRPRETE: Martín Blanco

SINOPSE:

Mais é unha peza de danza, acrobacia e clown para un único intérprete. A obra explora dúas realidades paralelas: a do presente e a de soñar espertos, ese espazo imaxinario ao que acudimos cando ansiamos aquilo que non temos. Entre desexos, expectativas e proxeccións, o protagonista transita entre a realidade e a fantasía na procura dunha versión diferente de si mesmo.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

SÖA é un proxecto escénico galego creado por Martín Blanco, Marta Velázquez e Carlota Rosón Rojo, que combina música, danza e teatro nunha linguaxe propia. O colectivo participou en festivais e residencias artísticas en Galicia, Cataluña, Madrid e Portugal, desenvolvendo o seu traballo en espazos como a Casa del Teatre Nu, a sede da Compañía Nacional de Danza ou o programa de residencias Atopémonos Bailando. Co espectáculo Coa cabeza nas nubes formaron parte do programa Da Man e das Residencias LAC do Centro Dramático Nacional. En 2026 recibiron o Premio ao Mellor Espectáculo no festival Imaginarius (Portugal).

Àngel Durán  Cataluña

Circuito Acielobierto

MANIFESTO


DURACIÓN: 23'

COREOGRAFÍA: Àngel Durán

 INTÉRPRETES: Paula Sánchez, Maria Arronis, Renan Araujo, Yeinner Chicas e Àngel Durán

SINOPSE:

Cinco corpos convocan o espírito das subculturas para transformar o espazo público nun ritual colectivo. Manifesto é unha celebración efémera da resistencia, da identidade e da intensidade compartida.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Àngel Durán, Premio Max á Mellor Interpretación 2024 e Premio Butaca, desenvolve un universo coreográfico de gran fisicalidade que explora a condición humana. As súas creacións presentáronse en Europa, Canadá e Latinoamérica, consolidándoo como unha das voces máis singulares da danza contemporánea actual.

01_Post_PistaBaile_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é un dos espazos de identidade de ABANEA e pecha cada xornada de programación escénica do festival. Concibida como un lugar de encontro, convida o público a transformar o espazo escénico nun territorio compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

2026 CELANOVA
A_web_2026.png

1 2   X u l l o   C E L A N O V A

01_Post_CanleAbanea_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA:
HAPPENING ABANEA CANLE

HORA: 19:30 h

LUGAR: Praza Maior  (itinerante)

 

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha serie de pílulas audiovisuais creadas en tempo real que conectan o público presencial e o virtual a través dunha mirada próxima, espontánea e chea de humor. Durante os días do festival, Happening ABANEA recolle os encontros, os detalles e os momentos inesperados da programación para compartilos diariamente a través das redes sociais de @abaneafestival.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

PROGRAMACIÓN DE DANZA:

LUGAR: Praza Maior 

Se chove: Refectorio do Mosteiro

20:30 h -  RECEPCIÓN ABANEA


21:00 h - ESPECTÁCULOS

Rolando Salamé  |  Chile–Madrid

Circuito Acielobierto

EL MUNDO ATRÁS


DURACIÓN: 17’ 

COREOGRAFÍA: Rolando Salamé
INTÉRPRETES: Rolando Salamé e Lucas Morones

SINOPSE:

El mundo atrás é unha peza de danza e teatro físico que aborda o éxodo humano. Unha reflexión sobre o arraigo, sobre aquilo que levamos connosco e aquilo que deixamos atrás, sobre a memoria e o peso das experiencias que nos conforman.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Rolando Salamé é un creador chileno afincado en Madrid. O seu traballo combina danza, teatro físico e dramaturxia do movemento, e desenvolveuse en teatros e festivais de Europa e América. Como intérprete, director e coreógrafo, constrúe pezas de forte intensidade poética e humana.

Martín Blanco  |  Galicia
Acompañamento Enrede ABANEA

MAIS


DURACIÓN: 11’ 

COREOGRAFÍA E DIRECIÓN: Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo
INTÉRPRETE: Martín Blanco

SINOPSE:

Mais é unha peza de danza, acrobacia e clown para un único intérprete. A obra explora dúas realidades paralelas: a do presente e a de soñar espertos, ese espazo imaxinario ao que acudimos cando ansiamos aquilo que non temos. Entre desexos, expectativas e proxeccións, o protagonista transita entre a realidade e a fantasía na procura dunha versión diferente de si mesmo.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

SÖA é un proxecto escénico galego creado por Martín Blanco, Marta Velázquez e Carlota Rosón Rojo, que combina música, danza e teatro nunha linguaxe propia. O colectivo participou en festivais e residencias artísticas en Galicia, Cataluña, Madrid e Portugal, desenvolvendo o seu traballo en espazos como a Casa del Teatre Nu, a sede da Compañía Nacional de Danza ou o programa de residencias Atopémonos Bailando. Co espectáculo Coa cabeza nas nubes formaron parte do programa Da Man e das Residencias LAC do Centro Dramático Nacional. En 2026 recibiron o Premio ao Mellor Espectáculo no festival Imaginarius (Portugal).

Elvi Balboa  |  Galicia

Circuito Acielobierto

BAUNSBAK


DURACIÓN: 22'

DIRECIÓN E COREOGRAFÍA: Elvi Balboa

 INTÉRPRETES: Berta Pascual, Joan Aguilà, Joel Pradas e Marina Capel

SINOPSE:

BAUNSBAK é unha viaxe física entre a exaltación e o colapso, entre a inercia do movemento e a procura do equilibrio. Coas jumping boots nos pés, cada rebote amplifica o corpo e converte o chan nun resonador vivo. Unha experiencia vibrante na que a danza non só se observa, senón que tamén se escoita e se sente.

TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA:

Elvi Balboa desenvolve unha proposta na que o corpo se converte nun territorio crítico e multisensorial. En diálogo coa música electrónica, a luz e a ciencia ficción, o seu traballo explora cuestións relacionadas coa identidade, a colectividade e a relación co contorno. Entre as súas creacións destacan AM I WHAT?, ANÖA e BAUNSBAK, incluída nos circuítos Danza a Escena e Acieloabierto.

01_Post_PistaBaile_.jpg

MEDIACIÓN ABANEA

ESPAZO DE DANZA COMUNITARIA

PISTA DE BAILE ABANEA  Galicia

DURACIÓN: 20’ 

DIRECIÓN: Marta Alonso

MEDIACIÓN: Equipo artístico e profesionais colaboradores de ABANEA.

SINOPSE:

Pista de Baile é un dos espazos de identidade de ABANEA e pecha cada xornada de programación escénica do festival. Concibida como un lugar de encontro, convida o público a transformar o espazo escénico nun territorio compartido de participación, celebración e movemento. A través de dinámicas sinxelas e accesibles, artistas, veciñas, veciños e asistentes súmanse a unha experiencia colectiva na que bailar se converte nunha forma de relacionarse, ocupar o espazo e crear comunidade.

Cada edición incorpora novas complicidades co territorio, favorecendo a participación de colectivos locais e xerando un peche vivo, aberto e imprevisible que converte a danza nunha auténtica festa compartida.

A_web_2026.png

OUTRAS ACTIVIDADES :  E N   R E D E 

 EN REDE

01_Post_Enrede_.jpg

EnRede é a liña de acompañamento artístico de ABANEA, un programa que impulsa o desenvolvemento de novas creadoras e creadores de danza a través de residencias, apoio á creación, espazos de intercambio e oportunidades de visibilización.

Nesta edición, Andrea Castro continúa o acompañamento iniciado en 2025. A súa peza Lola e os Lamentos, creada no marco de ABANEA, foi posteriormente seleccionada pola Red Acieloabierto e programada en festivais como Cádiz en Danza e Danza Trayectos (Zaragoza).

Ao mesmo tempo, Martín Blanco incorpórase a EnRede coa presentación de Máis, unha creación desenvolvida en residencia artística co apoio do festival, coa que inicia o seu percorrido dentro desta liña de acompañamento.

A_web_2026.png

OUTRAS ACTIVIDADES :  M E D I A C I Ó N 

CANLE ABANEA
Liña documental e mediación dixital

Canle ABANEA continúa expandindo o festival a través das redes sociais e incorpora unha nova liña documental e artística que recolle as voces, os procesos e a memoria de cada edición para prolongar a súa vida máis alá do encontro presencial.

01_Post_CanleAbanea_.jpg

ABANEA CANLE  EXPERIMENTO SONORO

 

CREACIÓN E COMUNICACIÓN: Carlota Mosquera

SINOPSE:

Unha peza documental en formato sonoro que recompila o ronsel acústico do festival: conversas, músicas, ambientes, voces e pequenos fragmentos da experiencia compartida. Un arquivo sensible que transforma a memoria da edición nun podcast para seguir habitando ABANEA máis alá do seu tempo e do seu espazo.

TRAXECTORIA:

Carlota Mosquera é actriz, creadora e comunicadora galega. Desenvolve o seu traballo entre as artes escénicas, a televisión, a radio e os medios dixitais, explorando novas formas de narrar e comunicar a creación contemporánea. Desde Canle ABANEA investiga como trasladar a experiencia das artes vivas á linguaxe das redes sociais e aos formatos documentais, xerando novos espazos de encontro entre artistas, público e comunidade.

Logos_web_2026.png
  • Instagram
  • Facebook
  • Flickr
bottom of page