

>descarga programa
2 8 . 2 9 . 30 X U L L O G o n d o m a r -------------------------- 3 1 X U L L O A l l a r i z
2 8 X U L L O G o n d o m a r

LASALA · País Vasco · Acieloabierto
Alive
Hora: 21.00h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Coreografía: Judith Argomaniz
Intérpretes: Garazi Etxaburu, Paula Montoya
Duración: 17 minutos
ALIVE fala de traspasar os límites, de romper co establecido, da liberdade de elección dunha muller ainda co peso do herdado e o aprendido, de vivir a vida que cada unha escolla, a que desexe, sexa cal sexa.

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA · Galicia · Acieloabierto
Coreografías dun DeMente
Hora: 21.30h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Coreografía: Fran Sieira, Carla Diego
Intérpretes: Francisco Sieira González, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, Patricia Sánchez Seoane, André Adrio Rodríguez, Daniel Rodríguez Fernández
Duración: 27 minutos
Unha peza de danza contemporánea onde utilizamos como principal mecanismo de expresión a danza tradicional galega.
En «DeMente» falaremos dunha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. Poremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, desde os amontonamentos practicamente carcerarios ata a externalización dos nosos días.
A necesaria integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, a loita contra o estigma, estas e moitas outras cuestións serán tratadas en escena.

PROXECCIÓN DE VIDEO DANZAS E DANZA NO CINE · Galicia
Hora: 23.00h
Lugar: Parque Ponte de Rosas - Gondomar
Duración: 30 minutos
Unha escolma de videodanzas realizadas por profesionais do movemento de Galicia en colaboración con videocreadoras e Buzón de Baile de Radio3 RTVE e a proxección dunha película sorpresa.
·Ilomilo de Tuatha
·Límites de Paula Quintas e Margue Morello
·Puzzled feet de Amparo Martínez
·Sólodos de Pablo Vargas & SóLODOS
·Límited edition de Colectivo Glovo & Adolfo Domínguez
·Buzón de baile de Radio3 con Javier Mosquera de la Vega: Alejandra Balboa, Álvaro Murillo, Guillermo Weickert, Irene Naranjo, Maximiliano Sannford & Yeinner Chicas.
2 9 X U L L O G o n d o m a r

ÁNGEL DURÁN PERFORMING ARTS · Catalunya · Acieloabierto
The beauty of it
Hora: 21.00h
Lugar: Rúa Portugal (frente á Casa da Cultura) - Gondomar
Coreografía e intérprete: Ángel Durán
Duración: 20 minutos
The Beauty of It básase nas teorías de Carl Jung sobre a dualidade entre a mente consciente e o inconsciente. Esta dicotomía nunha soa persoa non nos permite diferenciar entre a realidade real e o que é o soño. Nesta proposta escénica exponse a fraxilidade do home, así como unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou personaxes creados por el mesmo. ¿Cal é a verdadeira máscara? É real todo o que experimentamos? ¿Que diferencia hai entre actuar e comportarse tal como és?
The Beauty of It utiliza as grabacións da entrevista ao dr. Carl Jung no 1957 como narrador externo para mergullarnos nun estado reflexivo onde o intérprete é obxecto de estudo, pero tamén é un espello de nós mesmos. Barridos polas diferentes calidades de movemento e expresións mergullámonos no inconsciente humano.

LA MACANA · Galicia
Pink Unicorns
Hora: 21.30h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández
Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández
Deseño de espazo: Tilo Schreieck
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Dirección de produción: Caterina Varela
Unha produción de La Macana, en coprodución con AGADIC, Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen
Duración: 70 minutos
La Macana sube ao escenario a Alexis Fernández e o seu fillo adolescente nunha peza que trata da relación non sempre sinxela entre xeracións. O impulso de pai e fillo de compartir o escenario sostén un espello ante a audiencia: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é un teatro-danza salvaxe no que dous corpos se encontran.
O primeiro, Alexis Fernández, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrentarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis próximo. Por outro lado, Paulo Fernández, un espléndido, atlético e creativo rapaz de quince anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido pai.
3 0 X U L L O G o n d o m a r

MARTA ALONSO TEJADA · Galicia
Discoteca de señoras
Hora: 12.30h
Lugar: Antigo Matadoiro - Gondomar
Aforo: 15 mulleres adultas
Discoteca de señoras é unha actividade de mediación, un lugar para o encontro entre a danza e as mulleres adultas de Gondomar. Marta Alonso Tejada compartirá con vós elementos do espectáculo nocturno Dancin'Queen para que poidades bailar con ela.
Quen marca a idade na que xa non podemos ir á discoteca? Será que por ser nai xa non teño dereito a bailar ata que amaneza? Existen as discotecas de señoras? Marta Alonso Tejada convídanos á súa propia.

LA GALGA · Madrid
Ludo
Hora: 21.00h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Creación:Pau Cólera, Raquel Ferradás, Lydia Martínez e Juan Carlos Toledo.
Intérpretes: Raquel Ferradás e Lydia Martínez
Música orixinal: Da Rocha
Duración: 16 minutos
Dúas mulleres que se atopan, ¿Coñécense? Incítanse, arrástranse, atrápanse, xúntanse e se separan, ámanse, necesítanse, utilízanse, entréganse ao desexo da outra, báilanse. Son un bucle entre si, un pulso, un xogo continuo que vai desde a inocencia ata o límite dos seus corpos.

EYAS DANCE PROJECT · Madrid · Acieloabierto
Júpiter + Jaguar
Hora: 21.15h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Coreografía: Carlos González & Seth Buckley
Intérpretes: Paula Montoya Lozano & Seth Buckley
Duración: 16 minutos
Júpiter + Jaguar é unha sinerxia de ferocidade, sensualidade e xogo.
Unha viaxe de liberdade e expansión.

MARTA ALONSO TEJADA · Galicia
Dancin' Queen + Dj Afro BRIX
Hora: 23.00h
Lugar: Praza da Paradela - Gondomar
Interpretación: Marta Alonso Tejada e Afro Brix
Dirección: Pablo Reboleiro Rama e Marta Alonso Tejada
Apoio Coreografía e movemento: David Loira e Paula Quintas
Creación: Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada, María Mariño, Brix
Espazo Sonoro e música: Afro Brix e Manute
Duración: 20 minutos + 45 minutos DJ
DANCIN´QUEEN é unha pasaxe por hits que me dan ganas de bailar. É a ilusión de estar nunha discoteca en clave de danza e humor.
Son ganas de bailar e de contaxiar danza. É unha oportunidade para deixar aflorar a Dancin´Queen que levamos dentro, esa que aparece cando soa a música e nos vimos arriba e que nos pilla tanto en zapatillas de andar por casa ou levando purpurina.
É despertar. É xogar. É gozar.
O espectáculo finaliza cunha sesión de DJ Afro Brix.
EN CASO DE CHOIVA, A PROGRAMACIÓN AFECTADA EN GONDOMAR TRASLADARASE AO AUDITORIO LOIS TOBÍO
(Urbanización Miñor s/n - Gondomar)
3 1 X U L L O A l l a r i z

COLECTIVO LA INCENDIARIA · Catalunya/Galicia . Apoio bianual
MASHUP (en proceso de creación)
Hora: 17.00h
Lugar: A Casa Vella - Amiadoso 65 - Allariz.
Creación e intérpretes: Sara Fondevila Quintas, Rebeca Barroso Tejada e Gabriel Abi Saber Dos Santos
Duración: 50 minutos
As personaxes e feitos retratados nesta peza de danza son completamente ficticios. Á excepción de todas as partes que son totalmente certas.
Colectivo La Incendiaria presenta en A Casa Vella o seu proceso de creación para profesionais da danza de Galicia.
Colectivo La Incendiaria é a compañía escollida para ser apoiada bianualmente, polo que nos próximos 12 meses se realizarán outras actividades entorno ao seu proxecto Mashup.

COLECTIVO GLOVO · Galicia
Xenérica
Hora: 21.00h
Lugar: Praza do Matadoiro - Allariz
Creación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Interpretación: Esther Latorre
Duración: 20 minutos
Xenérica é un solo que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres da miña vida, que son xenéricas para a vida de todas. É unha homenxa ás nais, aboas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que lutaron insaciablemente por protexer e cuidar pasando desapercibidas.
Xenéricapercorre os mapas destas traxectorias de vida e reclama a atención de todos aqueles que non souberon ver a maxia desta rebeldía.

CARLA SEGOVIA e GUILLERMO AGUILAR · México · Colaboración con A Casa Vella e SóLODOS
H.A.R.L.E.M.
Hora: 21.30h
Lugar: Praza do Matadoiro - Allariz
Coreógrafos e intérpretes: Carla Segovia & Guillermo Aguilar
Música orixinal: Aristóteles Benítez
Deseño de vestiario: Miguel Gamero
Duración: 20 minutos
En H.A.R.L.E.M, Carla Segovia e Guillermo Aguilar toman prestados algúns elementos do Vogue da vella escola e do zapateado do folklore mexicano para poñelos en diálogo coa danza contemporánea. Neste meticuloso traballo, a música determina os movementos que son executados e xoga coa sincopa para cambiar constantemente a xogada.

PROXECCIÓN DE VIDEODANZAS · Galicia
Hora: 23.00h
Lugar: Campo dos Brancos - Allariz
Duración: 30 minutos
Unha escolma de videodanzas realizadas por profesionais do movemento de Galicia en colaboración con videocreadoras e Buzón de Baile de Radio3 RTVE:
·Ilomilo de Tuatha
·Límites de Paula Quintas e Margue Morello
·Puzzled feet de Amparo Martínez
·Sólodos de Pablo Vargas & SóLODOS
·Límited edition de Colectivo Glovo & Adolfo Domínguez
·Buzón de baile de Radio3 con Javier Mosquera de la Vega: Alejandra Balboa, Álvaro Murillo, Guillermo Weickert, Irene Naranjo, Maximiliano Sannford & Yeinner Chicas.
EN CASO DE CHOIVA MANTERASE EN A CASA VELLA (Amiadoso 65) A PROGRAMACIÓN PARA PROFESIONAIS, A PROGRAMACIÓN EN ALLARIZ TRASLADARASE AO MUSEO DO COIRO (Rúa da Granxa 3 - Allariz) E A PROXECCIÓN DE VIDEODANZAS Á CASA DA CULTURA (Rúa do Castelo s/n - Allariz)
